Novas

  • FOUCE 323: Unha portada histórica coa aprobación da Carta de Dereitos Labregos na Organización das Nacións Unidas

    FOUCE 323: Unha portada histórica coa aprobación da Carta de Dereitos Labregos na Organización das Nacións Unidas

    • 18,Xan 2019
    • Posted By : sicom
    • 0 Comments

    O editorial desta vez vai asinado por Xosé Ramón Cendán, que fai unha lembranza do finado Ramón Muñiz de las Cuevas, o camarada Marcelo sen o que foi peza fundamental na fundación das Comisións Labregas e tantas outras iniciativas sociais relevantes na Galiza de finais do pasado século e dos comezos deste. Tamén con sinatura propia, Sabela Facal escribiu un artigo sobre as dificultades que se atopa a xente nova que se inicia na profesión agraria: “A ferida labrega” Unha ampla reportaxe sobre a viaxe que realizou o sector da carne do SLG ao Parque Natural de Somiedo para coñecer de preto a xestión da fauna salvaxe en Asturias, a intensa axenda da Secretaría das Mulleres ao redor do 25N ou a actualidade sindical e agraria dos últimos meses, completan este número que podes descargar na icona que aparece no remate desta páxina.

    Portada Fouce 323