O impacto medioambiental das actuais políticas agrarias, as carencias nutritivas da alimentación agroindustrial, o inxente consumo de antibióticos animais e pesticidas, o aumento exponencial do CO2 na atmosfera e a súa relación co quecemento global, pero tamén o poder dunhas poucas empresas para fixar os prezos dos alimentos, a explotación laboral nos campos agroindustriais, o monopolio do eucalipto ou a perda de polinizadores, debuxan unha amena análise da PAC que permite obter algunhas das claves máis importantes para as labregas e labregos galegos, en menos de oito minutos.
Merecemos unha PAC sostible, que respecte e coide o noso territorio, que manteña vivo o rural.
Necesitamos máis labregas e labreos e mellores alimentos.
Queremos Soberanía Alimentaria XA!
Globalicemos a loita, globalicemos la esperanza!
O vídeo foi realizado por Illa Bufarda, e presentado no Seminario Europeo “Máis labregas = Mellores alimentos”.
VÍDEO DISPOÑÍBEL en Youtube
Con subtítulos ES AQUÍ (en Youtube) e AQUÍ (en Vimeo)