Novas

  • Este sábado celébrase o segundo aniversario do Mercado de Alimento Labrego de Teo nos Tilos

    Este sábado celébrase o segundo aniversario do Mercado de Alimento Labrego de Teo nos Tilos

    • 03,Xuñ 2014
    • Posted By : sicom
    • 0 Comments

    O sábado 7 de xuño, a partires das 11:00 horas da mañá, o Mercado de Alimento Labrego de Teo celebra o seu primeiro aniversario.
    Por iso, as labregas e labregos que damos vida tódolos sábados ao mercado, xunto co Sindicato Labrego Galego e o Concello de Teo, temos organizado un mercado especial. Levamos dous anos construíndo soberanía alimentaria coa vosa participación.
    Como todos os sábados agárdanvos verduras e froitas locais e de tempada, doces caseiros, marmeladas, licores, ovos, leite, queixo, mel…
    E ademais este sábado 7 de xuño haberá:

    • Alimentos doutras comarcas convidadas especialmente para esta festa.
    • Degustación de produtos de tempada elaborados polas labregas e labregos a prezos simbólicos.
    • Música tradicional.
    • Artesanía.

    ANÍMATE A VIR CELEBRAR CON NÓS ESTA FESTA!!!
    AGARDÁMOSVOS

    Máis información en https://www.facebook.com/mercadolabregodeteo

    Aniversario Teo