Novas

  • Especular co leite como saída á crise: un ataque a toda a sociedade

    • 08,Out 2009
    • Posted By : sicom
    • 0 Comments

    Extracto vídeo da rolda de prensa. Carme Freire Cruces, Secretaria Xeral do SLG.

     

     http://www.youtube.com/watch?v=IYyF13laQIg

     

     

    81009

    En primeiro termo, reiteramos o feito de que a solución á actual crise do sector leiteiro non custaría nin un euro, se os ministros e ministras reconsideraran as decisións políticas que adoptaron fai menos dun ano (aumento lineal da produción do 1%, liberalización da produción e o non establecemento de prezos mínimos) e acordaran reducir a produción para equiparar oferta e demanda, manter mecanismos de control de produción para non anegar con excedentes os mercados -nin os europeos nin os de fóra-, e a estipulación dun prezo mínimo para o leite que cubra custos de produción e remunere o noso traballo.

    Nembargantes, o que si que custa millóns de euros ás cidadás e cidadáns europeos é seguir financiando a exportación e o almacenamento público e privado dos excedentes provocados polas decisións dos ministros e ministras.

    Non queremos axudas en troques de prezos.

    A instrumentalización política destes anuncios de axudas económicas reside no seu obxectivo de dar a impresión á cidadanía de que somos un sector fortemente subvencionado, tentando anular deste xeito a lexitimidade das nosas reivindicacións ao esixirmos cobrar un prezo xusto polo noso traballo acompañado de axudas puntuais na actual situación de grave crise.

    Neste senso, lembrar que, ademais, o 65% das axudas agrícolas comunitarias van parar somentes a un 5% de explotacións europeas(1), elenco composto dos e das maiores terratenentes de todo o territorio da U.E.

    MERCADO DE FUTUROS (2)

    A proposta realizada pola comisaria Fischer ao respeito da creación dun “mercado de futuros” para o leite é simplemente arrepiante.

    Os mercados de futuros funcionan mediante contratos para o subministro de materias primas -como poden ser o petróleo o o azucre- ou activos financieiros nun prazo de entrega “futuro” que se determina previamente. Este tipo de mercado implica un alto grao de especulación ao basearse sobre cálculos de comportamento e previsións sobre a oferta e a demanda.

    Así, no caso do leite, xogarán co seu aprovisionamento para sacalo ao mercado cando mellor lle conveña, independentemente de se hai ou non necesidade del. Igual que estiveron e están a facer cos cereais.

    Durante o ano 2008, o ano da tripla crise: económica, enerxética e alimentaria, tivo lugar a meirande produción de cereais da historia da humanidade, sen embargo, foi tamén o ano das que se deron en denominar as “revoltas da fame” en México, Exipto, Senegal… E tamén se acadou a tasa máis grande de afectados/as por desnutrición e mortes por fame segundo a FAO: mil millóns de persoas.

    Foi tamén o ano das restricións de cereais nos supermercados do primeiro mundo, onde puidemos ver durante meses imaxes na televisión de cidadáns e cidadás “aprovisionándose” de máis paquetes de arroz do normal, a un prezo máis alto do normal.

    As propostas enunciadas polos ministros e ministras da UE deixaríannos, as labregas e labregos e á cidadanía en xeral, en mans dos poderes económicos, promocionando a especulación coa alimentación de toda a humanidade.

    **Ferramentas informativas ao respeito do reparto das axudas da PAC, así coma referentes dos graves efectos que ten a inclusión da alimentación nos mercados especulativos:

    1,1 Quen queda cos cartos da PAC?, Ana Rodríguez -Secretaria de Desenvolvemento Rural do SLG-, Fouce nº274, Xuño 2009.

    http://www.sindicatolabrego.com/index.php?s=18

     

    Artigo realizado con datos obtidos nos seguintes buscadores:

    Buscador beneficiarios/as PAC Estado español.

    http://www.fega.es/PwfGcp/es/accesos_directos/consulta_de_beneficiarios_de_ayudas_de_la_pac/index.jsp

    Buscador beneficiarios/as PAC Europa.

    http://ec.europa.eu/agriculture/funding/index_es.htm

     

    1,2 Grandes terratenientes, multinacionales o millonarios son agraciados con las ayudas PAC de la UE, Rebelión.org, 21/05/09.

    http://www.rebelion.org/noticia.php?id=85716

     

    1,3 Goliat contra David. Quién gana y quién pierde con la PAC en España y en los países pobres. Informe de Intermón Oxfam, marzo 2005.

    http://www.intermonoxfam.org/UnidadesInformacion/anexos/2970/0_2970_170305_Goliat_contra_David.pdf

     

    2,1 Motines del hambre, Ignacio Ramonet, Le Monde Diplomatique, Numero 151, Maio 2008.

    Crisis alimenticia. El FMI y el hambre, Serge Halimi, Le Monde Diplomatique, Numero 151, Maio 2008.

     

    2,2 Los precios de los alimentos y la especulación, Revista Gloobal Hoy, 3/11/08

    http://www.gloobal.net/iepala/gloobal/fichas/ficha.php?id=5785&entidad=Noticias

     

    3,3 La Cumbre de la FAO de Roma es un fracaso total”, Entrevista a Jean Ziegler, ex ponente da ONU para o Dereito á Alimentación. Rebelión.org. 10/06/08

    http://www.rebelion.org/noticia.php?id=68618

     

     

     

     81009

    Ficheiro para descarregar: Audio completo da rolda.