Novas

  • Envío masivo de leite a Bruxelas

    Envío masivo de leite a Bruxelas

    • 27,Abr 2009
    • Posted By : sicom
    • 0 Comments

    NP do 28/04/09

    Ao igual que as medidas de liberalización de mercado propostas polos ministros e ministras de agricultura da UE anega o noso mercado, dende o SLG, no marco dunha acción coordenada a nivel europeo pola Coordenadora Europea Vía Campesina, asolagaremos simbólicamente as institucións comunitarias co noso leite.

     A acción de hoxe é o inicio de sucesivos envíos que seguirán indo dirixidos á Comisaria de Agricultura, Mariann Fischer Boel. No día de hoxe, esta acción foi levada a cabo tamén por organizacións agrarias de Francia e Portugal, integrantes da Coordenadora Europea Vía Campesina.

     

    envio leite bruxelas4

    Lídia Senra -Secretaria de Organización do SLG e Responsábel de Sectores Gandeiros na Coordenadora Europea Vía Campesina- explicou á cidadanía, a través dos medios de comunicación, os puntos clave desta campaña europea coordenada pola Vía Campesina.

    envio leite bruxelas3

    Carme Freire Cruces, Secretaria Xeral do SLG, deu conta das medidas propostas á Comisaria de Agricultura polo Sindicato Labrego Galego para afrontar a crise na que se atopa o sector lácteo.

     

    envio leite bruxelas5

    Os cartóns de leite, foron envoltos nas medidas porpostas polo SLG para o sector leiteiro, asumidas tamén dende Francia e Portugal nos envíos das organizacións pertencentes á Vía Campesina, realizados tamén no 28 de abril. Na imaxe, Lupe Prado, Responsábel do Sector Lácteo no SLG e Mónica Amado, traballadora do SLG na comarca de A Mariña.