Xurxo Albela ten unha explotación láctea en Merín (Vedra), con 55 hectárease 66 reses censadas; ademáis, complementa o seu traballo de labrego cunha hectárea de viñedo e horta para autoconsumo. Comezou o seu periplo no Sindicato Labrego nunha das últimas tractoradas. Daquela, sufriu a represión do aznarismo, a mans do seu esbirro Diz Guedes, cunha multa de 200.000 pesetas. Triste costume este do Goberno de Madrid para co sector lácteo galego: hoxe, Xurxo ten que facerlle fronte a outro tanto por mor da supertaxa, pero desta vez en euros e con talante.