Xosé Manuel González Vilas comezou a traballar para o Sindicato Labrego Galego hai cinco anos na comarca ourensá do Ribeiro. Hoxe, tras o sexto Congreso da organización, Vilas exerce como responsábel de acción sindical nos sectores agrarios. Entre estes inclúese o vitivinícola, un mundo que Xosé Manuel coñece e traballa a fondo, tanto dende o punto de vista técnico e de asesoramento como reivindicativo, por desenvolver o seu labor nunha bisbarra na que “o 90% da agricultura ten que ver co viño”.
Prema na icona de abaixo para descargar a entrevista.