Novas

  • Entrevista con Xosé Manuel Calvo Rei, produtor de leite e membro da Dirección Nacional do SLG

    • 20,Dec 2005
    • Posted By : sicom
    • 0 Comments

    Con 35 cabezas de gando entre vacas e xovencas, Xosé Manuel Calvo desenvolve a súa actividade como gandeiro na parroquia de Cardama, no concello coruñés de Oroso. Aínda qeu nesta bisbarra hai un alto índice de explotacións lácteas en comparación co outras zonas de Galiza, os problemas son semellantes: envellecemento da poboación, dificultade para acceder á terra, baixada de prezos, etcétera. Non embargante, se hai algo que Xosé Manuel ten claro é que “aínda hai esperanza, aínda podemos erguernos e superar os problemas na Galiza rural”.