Novas

  • Entrevista con Santiago Arnoso López, produtor de leite e membro da Dirección Nacional do Sindicato

    Entrevista con Santiago Arnoso López, produtor de leite e membro da Dirección Nacional do Sindicato

    • 20,Mai 2006
    • Posted By : sicom
    • 0 Comments

    Santiago Arnoso uniu a súa explotación leiteira a outras veciñas en 1993 para formar Vilasuso Sociedade Cooperativa Galega. Afiliado ao SLG dende aquela, este gandeiro de A Capela viu evolucionar un sector que, a pesares de ser o motor económico de boa parte do rural galego, hoxe está en crise. De feito, con máis de 800.000 quilos de cota para catro socios e 160 reses, Santiago afirma que, cos prezos actuais e o aumento dos custes, pouco lles rende o traballo. Así, non é de estrañar que declare nesta entrevista que “toda mobilización é pouca”.