Marisol levaba case tres décadas traballando todos os días na súa explotación leiteira de Añá, en Frades, ata que decidi, xunto ao seu home, Benigno, asociarse a outros veciños nunha cooperativa. Iso foi hai tres anos, e dende entón a súa vida non volveu ser a mesma. Se antes non tiña unha soa xornada de folgar, agora ten vacacións no verán e en Nadal, amais dos días libres. Cunhas duascentas reses, na cooperativa están a desenvolver proxectos innovadores, mentres ven con preocupación a nova baixada de prezos anunciada pola industria.