Novas

  • Entrevista con Isaac Val Negrelos, produtor de leite e membro da Dirección Nacional do SLG

    • 20,Feb 2006
    • Posted By : sicom
    • 0 Comments

    A relación entre Isaac Val Negrelos e o Sindicato Labrego vén de vello, daquela que a Galiza rural se erguera contra a inxustiza da cota empresarial, vai xa para trinta anos. Agora, compaxina o traballo nunha SAT en Prevesos (Castro de Rei) coas súas responsabilidades na Dirección Nacional do SLG. Con 170 reses e 777.000 quilos de cota, a explotación dá traballo a outros catro membros da familia, cinco postos de traballo que tremen diante da baixada de prezos anunciada pola industria, ou despois de que a última supertaxa lle levase por diante catro millóns de pesetas.