-
Encontro de traballo das mulleres da Coordinadora Europea da Vía Campesina en Compostela
- 07,Mar 2013
- Posted By : sicom
- 0 Comments
Neste encontro, as participantes valorarán todo o traballo desenvolvido nesta área da ECVC durante o último ano, e definirán as liñas de actuación para o 2013 a nivel europeo. Tamén aproveitarán a xuntanza para preparar a IV Asemblea de Mulleres previa á VI Conferencia Internacional da Vía Campesina, que se celebrará do 6 ao 12 de xuño de 2013 en Iacarta (Indonesia).
Dentro das actividades que vén realizando este grupo de traballo, destacan as accións polo recoñecemento dos dereitos das labregas no marco europeo e a loita para atallar a violencia que sufren as mulleres do medio rural.
Aínda que se trata dun encontro interno, o sábado 9 de marzo realizarase un debate público no que participarán, amais das representantes da Coordinadora Europea da Vía Campesina, mulleres do Sindicato Labrego Galego. Nesta xuntanza aberta analizarase como está afectando a crise que estamos vivindo ás mulleres labregas en toda Europa. Posteriormente, todas as mulleres que participen neste debate, uniranse á manifestación que varios colectivos feministas convocaron en Compostela con motivo da celebración do Día Internacional das Mulleres.
De seguido, achegamos o programa do encontro:
Venres 8 de marzo
15:00 -16:30
- Rolda de presentación: situación das mulleres en cada país e na organización. Traballo de mulleres na organización (10 minutos por organización). Moderadora: María Ferreiro (responsable da Secretaría das Mulleres do Sindicato Labrego Galego.
17:00 -19:00
- Informacion sobre o traballo do grupo (reunións previas, documentos existentes, campaña en contra da violencia) (30 minutos) Coordina Lidia Senra, responsable do Grupo de Traballo de Mulleres da Vía Campesina en Europa.
- Intercambio en grupos sobre obxectivos de traballo de mulleres (60 minutos): que temas queren traballar dende a perspectiva das mulleres? De que xeito?
- Presentación en pleno de discusións de grupo (30 minutos)
Sabado 9 de marzo
10:30 –11:50
- Debate público: Análise da situación das labregas en Europa nun contexto de crise.
12:00 -14:00
- Manifestación con colectivos de mulleres
16:00 – 17:30
- Traballo en grupos sobre o impacto da crise nas mulleres labregas.
18:00 – 19:00
- Compartir en plenaria resultado de grupos
19:15 -20:30
- Proposta de cambios de documentos. Revisión de reivindicacións.
Domingo 10 de marzo
9:30 –11:30
- Reivindicacións e estratexias a nivel europeo. Concretar en propostas.
12:00 –13:30
- Preparacion da Asemblea Xeral da ECVC.
- Representación das mulleres no Comité Coordinador e no Comité Coordinador Internacional
15:00 -17:00
- Preparacion da Asemblea de Mulleres de Vía Campesina e da sexta Conferencia.
- Contribucións ao Manifesto de Mulleres
- Contribucións ao texto da Vía Campesina