Esiximos:
1.- Prezos mínimos que cubran custos e traballo de produción
2.- Que a Ministra do Medio Rural promova no Consello de Ministros de Agricultura da Unión Europea un cambio profundo na política leiteira para:
a.- Eliminar o acordo tomado de aumento anual do un por cento da cota até o 2015.
b.- Reducir a cota global europea para equilibrar a oferta á demanda.
c.- Redistribución do dereito a producir entre as explotacións da Unión Europea
d.- Manter políticas de control da produción
e.- Establecer un prezo mínimo para o leite que cubra custos e remunere o noso traballo.
3.- Que o Conselleiro do Medio Rural, habilite poña en marcha xa o tan cacarexado plan de choque, coas axudas necesarias para que ningunha explotación teña que pechar.
O día 17, súbete ao teu tractor e ponte en marcha cara algún destes puntos:
Santiago de Compostela, A Coruña, Ferrol,Vimianzo, Chantada, Lugo, Ribadeo.

| Prezos do Leite no Mundo. €/100 Kg. | ||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Xan | Feb | Mar | Abr | Mai | Xuñ | Xul | Ago | Set | Out | Nov | Dec | |
| U. E. | 29,59 | 28,84 | 26,57 | 23,74 | – | – | – | – | – | – | – | – |
| USA | 20,28 | 18,26 | 20,00 | 20,42 | – | – | – | – | – | – | – | – |
| N. Zelandia | 16,09 | 15,61 | 16,12 | 17,12 | – | – | – | – | – | – | – | – |

Mentras nos USA e Nova Zelandia levan dous meses de recuperación de prezos, na UE seguimos caendo en picado. Está claro que desta volta o “Chequeo” foi efectivo.