Este feito non suporía maior inconvinte se soio se eliminaran as reses que deron positivo na campaña, pero o problema é que Sanidade Animal decideu someter a toda a cabana á proba do gamma interferón, co cal, entre menos de 20 explotacións teñen máis de un cento de reses positivas, que non terían dado se a proba fose a habitual da tuberculina, e de feito non deron positivas na primeira proba.
Queremos denunciar dende o Sindicato Labrego Galego que se sacrifique toda esta cantidade de gando sabendo que moitos van ser falsos positivos, tomando medidas desproporcionadas pra eliminar os focos de enfermidade, matando vacas a discreción, e sen ningún plan económico que permita ás explotacións repoñer ese gando sen empeñarse con préstamos.
Sinceramente pensamos que ten que haber outros métodos de eliminar o foco de enfermidade sen eliminar a metade da cabana gandeira, e se é preciso matar todo ese gando ten que haber diñeiro para que non morran con el as explotacións afectadas.
Se non é así os gandeiros e gandeiras afectadas acabarán pensando que a campaña de saneamento, lonxe de sanear as explotacións elimínaas.