Dentro destas explotacións, os dereitos (cotas, ingresos, axudas) son recoñecidos á persoa que exerce a titularidade da explotación, que maioritariamente son os homes, deixando así a un amplo número de mulleres totalmente desprotexidas.
A Coordinadora Europea Vía Campesina demanda un cambio profundo das políticas e a posta en marcha de todos os mecanismos para o recoñecemento legal dos dereitos das labregas.
Reclamamos que se efectivice:
1. Un igual acceso a todos os dereitos económicos e sociais.
2. Un marco legal para a cotitularidade na explotación, así coma unha seguridade social alcanzábel para todas e equiparación das prestacións.
3. Dereito a unha pensión de xubilación digna.
4. Medidas de acción positiva para os proxectos agrícolas das mulleres.
5. A PAC debe establecer mecanismos para que na aplicación das medidas que dela se derivan non haxa discriminación das labregas.
En definitiva, demandamos a eliminación de todas as discriminacións legais, sociais, económicas ou morais.
Apoiamos e participamos nas accións e manifestacións que a Marcha Mundial de Mulleres levará a cabo a partir do 8 de marzo até o 17 de outubro.