Novas

  • Decenas de gandeiras e gandeiros reteñen camións de recollida de Lácteos Lence en solidariedade coas explotacións “castigadas” por demandar un prezo para o leite que lles permita vivir do seu traballo

    • 24,Mai 2009
    • Posted By : sicom
    • 0 Comments

    Perante das declaracións verquidas onte polo conselleiro do Medio Rural, Samuel Juárez, e o máximo responsábel de Lácteos Lence, Jesús Lence, ao respeito das dúas explotacións da Mariña  lucense ás que onte esta industria deixou de recoller o leite en represalia por esixir un prezo digno para o mesmo, decenas de gandeiros e gandeiras das zonas de Mesón do Cabra (Guitiriz), Cardama (Oroso), Muimenta e Meira estanse a mobilizar ao longo do día de hoxe para demandar que se establezan XA medidas para obter un prezo xusto para o leite e reafirmar unha vez máis que o problema do prezo non é unha cuestión individual, senón un conflicto colectivo. De que administracións e empresas acepten dunha vez por todas a dimensión desta problemática dependende que poidamos vivir dignamente do noso traballo.

     

     

    ORDES- (parroquia de Cardama).

    Accción reivindicativa e de apoio ás explotacións represaliadas por Lácteos Lence.

    lenceordeslenceordes2lenceordes3