Novas

  • De non presentarse solucións inmediatas, botarémonos á rúa o 8 de maio e sacaremos os tractores o 28

    De non presentarse solucións inmediatas, botarémonos á rúa o 8 de maio e sacaremos os tractores o 28

    • 23,Abr 2009
    • Posted By : sicom
    • 0 Comments

    Perante da carencia dunha resposta por parte do Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño, malia térmonos reunido o pasado 16 de abril en Madrid coa Secretaria Xeral de Medio Rural, Alicia Villauriz,  as tres organizacións sindicais agrarias e as cooperativas da Galiza anunciaron na maña de hoxe un novo calendario de mobilizacións.

     O oito de maio terá lugar unha xornada de accións en todas as cabeceiras de comarca, coa que se visualizaremos  que o sector lácteo é a espiña dorsal do rural galego, e que a situación extrema pola que pasa arestora  afecta a tódolos ámbitos profesionais e de calidade de vida do medio rural do país.

    Ao igual que o apoio manifestado polos locais comerciais vinculados ao sector agrario, a rede de servizos públicos rurais e mesmo representantes de distintas forzas políticas, estas concentracións/paradas de actividade teñen o obxectivo de amosar a unidade da cidadanía galega, nomeadamente do medio rural, perante da grave problemática que asolaga ao sector leiteiro.

     Se non obtemos respostas, os sindicatos agrarios e cooperativas botaranse á rúa o vindeiro 28 de maio nunha tractorada nacional que mesmo podería chegar a adquirir dimensións estatais.

     

    vídeo: http://www.anosaterra.org/nova/sindicatos-e-cooperativas-lacteas-convocan-novas-protestas.html

     

    tractorada

     Voceira e voceiros das tres organizacións agrarias e cooperativas na rolda desta mañá en Compostela.