Novas

  • Curso de iniciación á apicultura en Castro de Rei 🗓

    Curso de iniciación á apicultura en Castro de Rei 🗓

    • 16,Abr 2025
    • Posted By : Sindicato Labrego
    • 0 Comments

    “Nunca lle tiven medo á danza das abellas e cando as vin voar non me apartei”, escribe a poeta María do Cebreiro no poema ‘O revés dos xeonllos’, na antoloxía ‘O libro das abellas’, (Apiario, 2024). Se ti tampouco lles tes medo…por que non aprender sobre elas? Dende o Sindicato Labrego Galego e COAG organizamos un curso gratuíto de iniciación á apicultura, os días 3, 10, 24 e 31 de maio de 10h a 13h na Antiga Escola Unitaria de Pacios (Pacios, Castro de Rei).

    INSCRICIÓNS: 982 331 714 ou meira@sindicatolabrego.gal

    Actividade financiada polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA) dirixida a persoas traballadoras, autónomas e desempregadas.