Hoxe, debido ás decisións tomadas pola UE dende 2003, o mercado europeo está saturado. Os produtores e produtoras venden o seu leite por baixo dos custos de produción e os máis fráxiles van desaparecer se a UE non reorienta a súa política. A reinstauración das axudas á exportación reforza un dumping inadmisíbel que nunca parou[1] fronte aos terceiros países.
Mentres que a cota europea xa era excedente, a UE non atopou nada mellor que aumentala, rebentando un mercado mundial florecente.
Hoxe a política de desregulación decidida en 2003 e 2008 está contradita polos feitos. Denunciarámolo e hoxe negámonos a pagar polos erros dos Ministros e da Comisión Europea.
O Consello Agrícola UE de hoxe, 23 de marzo, non debe esperar unha proposta da Comisión Europea para diminuír a cota láctea europea[2] : a Comisaría responsable da agricultura en efecto aínda non saíu dunha cegueira ideolóxica que a crise financeira terminou de desacreditar.
A Unión Europea ten que diminuír a súa cota, establecer criterios para unha redistribución da produción e garantir un prezo que remunere o traballo.
É importante preservar o máximo de produtores e produtoras e manter a produción láctea en todas as rexións a vocación forraxeira. O Consello debe anular a supresión das cotas lácteas prevista para 2015.
Non é unha nova “reestruturación”, como propón a Sra. Fischer Boel, o que solucionará a crise. Os 25 últimos anos puxeron de manifesto que a diminución moi importante do número de produtores/as non diminuíu a produción, pero intensificouna e concentrounas nas rexións con custos de produción máis baixos, en detrimento de a cohesión europea e do desenvolvemento rural.
É urxente que a UE non avogue por unha produción láctea demasiado intensiva e dependente de soia importada[3] . A crise climática e enerxética impón dar a prioridade aos prados, que almacenan o carbono, a unha alimentación animal local e a unha produción láctea mellor distribuída no territorio europeo, para estar máis preto dos consumidores/as.
Pódese evitar o desastre, a condición de cambiar a orientación actual.
O marco neoliberal da PAC está expirado. O marco da soberanía alimentaria, lonxe de ser un repregamento europeo proteccionista, é en primeiro lugar un cambio de prioridades.
Atopemos a nosa liberdade de definir a política agrícola e alimentaria europea[4] en función primeiro das necesidades europeas, sen dumping fronte aos terceiros países, e contribuiremos a solucionar as crises globais relocalizando, no caso da produción láctea, a produción de proteínas vexetais, e máis xeralmente achegando ós produtores/as aos consumidores/as, hoxe vítimas da política actual.
[1] A prima láctea desacoplada da producción decidida no 2003 non é, para a producción exportada, máis que un blanqueo do dumping.
[2] Pode facer un acordo político e esixir unha proposta da Comisión Europea, con acordo formal despois polo Consello.
[3] Iso solucionará ao mesmo tempo a problemática da soja OXM importada.
[4] l’ OMC fallou.
Moitas grazas pela vosa atención.
Saúdas do Gabinete de Comunicación do Sindicato Labrego Galego
|
OBTERÁN MÁIS INFORMACIÓN CONTACTANDO CON Lida Senra, Responsábel de Sectores Gandeiros da Coordenadora Europea Vía Campesina TLF: (34) 609 84 5861 |