Novas

  • Conferencia PAC do 19/20 de xullo: Cara unha nova orientación polo futuro da PAC que contemple a calidade da produción en termos de respecto polo traballo dos labregos/as, de xustiza social e de respecto polo medio ambiente?

    Conferencia PAC do 19/20 de xullo: Cara unha nova orientación polo futuro da PAC que contemple a calidade da produción en termos de respecto polo traballo dos labregos/as, de xustiza social e de respecto polo medio ambiente?

    • 22,Xul 2010
    • Posted By : sicom
    • 0 Comments

     

     

    CEVC alédase da orientación dos debates, durante as plenarias e grupos de traballo, que deixa brillar a esperanza dunha apertura da PAC cara a un verdadeiro recoñecemento da produción agrícola familiar, local e que se preocupa polo medio ambiente, sen prexuízo algún sobre as decisións finais.

     

     

    Este evento é unha fonte de esperanza para os labregos e labregas e debe ser unha razón para continuar mobilizándose e facendo que se oian as nosas voces.

     

     

    É o momento de colocar a Soberanía Alimentaria no lugar do marco actual da PAC, substituíndo normas de comercio internacional agrícola e agroalimentario, ditadas pola OMC, que demostrou ser incapaz de facer fronte aos desafíos do acceso á alimentación para todos, da saúde, do emprego e do medio ambiente, e onde os campesiños e campesiñas, sen ingresos, desaparecen masivamente.