Novas

  • Comeza en Vilar de Barrio “Aldeas Revoltas”, un encontro para dinamizar a mocidade labrega en busca de alternativas

    Comeza en Vilar de Barrio “Aldeas Revoltas”, un encontro para dinamizar a mocidade labrega en busca de alternativas

    • 24,Set 2016
    • Posted By : sicom
    • 0 Comments

    En palabras dun dos organizadores, o mozo gandeiro Alberte Lamazares, “tras manter varias xuntanzas con xente nova que se dedica á agricultura por toda Galiza, temos un coñecemento bastante completo das súas inquedanzas e problemáticas particulares. Dende o SLG, percibimos que a mocidade labrega que cre nun modelo agrario alternativo ao imperante carece de foros ou estruturas organizativas a través dos cales poder expresarse e defender os seus posicionamentos e ideas. Con este encontro d’As Corcerizas pretendemos crear ese espazo onde conflúan os mozos e as mozas que participaron en anteriores encontros, amais doutra xente que non o fixo, xa que se trata dun evento aberto”.

    Unha das actividades máis importantes do encontro será o intercambio de experiencias entre as persoas participantes, xa que para quen vivimos no medio rural non é doado coñecer outra xente con inquietudes semellantes coas que compartir profesión, azos, pensamentos e soños. E nese coñecer experiencias doutras persoas, haberá unha actividade destacada: a visita á granxa de Samuel Formoso, na parroquia de Bóveda, tamén en Vilar de Barrio.

    Xa pola tarde, desenvolverase unha xeira de traballo en grupos baixo o título “A revolta será colectiva ou non será”. Nesta revolta de diálogo e ideas buscaranse vías para articular xeitos de organización colectiva dunha mocidade labrega rebelde que soña cunha Galiza rural na que conceptos como a agroecoloxía, a solidariedade ou a soberanía alimentaria sexan algo normal e non unha rareza como acontece hoxe en día.

    Encontros mocidade SLG