-
COAG e SLG reclamamos prioridade para xente moza e profesionais nos dereitos de plantación de viñedo
- 14,Dec 2016
- Posted By : sicom
- 0 Comments
En concreto, as nosas críticas cara ao actual rexime de concesión de autorizacións de plantación de viñedo, todas válidas tanto para Galiza como para o resto do Estado, foron as seguintes:
- Cos criterios actuais, nalgunhas comunidades autónomas hai solicitantes que recibiron máis hectáreas cás dunha explotación media, o que supón comezar gratis a actividade superando a media de superficie que posúen os viticultores e as viticultoras profesionais. Ademais, esas mesmas solicitantes, se non plantan até 2019, poderán seguir pedindo máis plantacións nos dous vindeiros anos.
- Moitas das persoas beneficiadas nin son nin serán nunca viticultoras, xa que os criterios para ser considerad@ “Xefa/e de explotación” permiten case a calquera poder solicitar plantacións. O que sucedeu foi que moitas solicitudes foron feitas por mozos e mozas que non teñen relación coa viticultura, utilizados como testaferros coa intención de pasar, ao cabo duns anos, as viñas aos seus verdadeiros cultivadores.
- Ficaron sen plantacións os mozos e as mozas viticultores/as que se deron de alta nos últimos anos, co agravante de que se para estas adxudicacións é requisito indispensable non contar con viñedo ao seu nome, para poder acceder á axuda de primeira instalación moitos e moitas tiveron que mercar dereitos de plantación.
- Por outra banda, e ao non existir limitación na cantidade de superficie concedida, beneficiáronse máis quen maior superficie solicitaron.
- Tamén quedaron fóra do reparto as pequenas explotacións vitícolas que precisan aumentar viñedo para a súa propia supervivencia.
Contra esta inxusta situación, dende COAG e SLG propuxemos os seguintes criterios de adxudicación:
- En primeiro lugar, todos e todas @s solicitantes deberían demostrar a capacidade e competencia profesionais como agricultores, para o que debería definirse máis claramente a figura de “Xefa/e de explotación” para mozos e mozas sen viñedo.
- A prioridade nas adxudicación debería ser para os mozos e as mozas, nov@s e pequen@s viticultores/as. De seguido, para pequen@s viticultores/as profesionais que sexan explotación prioritaria e teñan menos viñedo que a media. E, ao final, se sobran plantacións, para o resto de solicitantes.
- En calquera dos casos, debería limitarse a concesión a un máximo de hectáreas por solicitante na totalidade das adxudicacións.