Novas

  • COAG Asturias e o Sindicato Labrego Galego poñen en marcha un grupo de traballo en busca de solucións para a crise da faba

    COAG Asturias e o Sindicato Labrego Galego poñen en marcha un grupo de traballo en busca de solucións para a crise da faba

    • 08,Mar 2025
    • Posted By : sicom
    • 0 Comments

    Deste encontro concluímos que a produción de ambas comunidades temos semellantes inquedanzas e preocupacións e consideramos necesarias actuacións inmediatas e urxentes das que destacaríamos as seguintes:

    1. Creación dunha liña de axudas directas dotadas dun importe suficiente para paliar as perdas nas que incurriu o sector na campaña 2024. Esta axuda debería chegar a todos os produtores e produtoras, con independencia de estar ou non incritos en IXP.

    2. Creación dunha axuda agroambiental para la faba. En Asturias tense incrementado o importe da liña Axuda á produción sostible de proteínas de orixe vexetal da PAC, pero é requisito necesario ser produtor/a inscrito/a en IXP e cun compromiso de manter o cultivo da superficie dotada coa axuda durante cinco años.

    3. Que, debido á causa de forza maior como foi o fungo na colleita da faba, disminuíndo nun 80% a produción, se flexibilicen os requisitos e compromisos dos mozos e mozas incorporadas á actividade agraria no cultivo da faba nos anos 2022 e 2023.

    4. Manter reunións de traballo co SERIDA e o CIAM (Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo) co fin de que o sector produtor poida trasladar ao personal investigador as necesidades respecto á semente, plagas que afectan ao cultivo e os produtos autorizados.

    5. Que as Administracións reforcen a liña de axudas para a contratación de seguros das colleitas. Os seguros deben ser unha ferramenta complementaria.

    6. En última instancia, esiximos que as Administracións se senten cos produtores e produtoras de cara garantir o futuro do sector.