Novas

  • Cincuenta organizacións “plántanse” en Córdoba  fronte aos ministros/as europeos de Agricultura para reclamar outro modelo agroalimentario

    Cincuenta organizacións “plántanse” en Córdoba fronte aos ministros/as europeos de Agricultura para reclamar outro modelo agroalimentario

    • 04,Set 2023
    • Posted By : sicom
    • 0 Comments

    Máis de cen persoas concentráronse onte pola tarde en Córdoba para reivindicar un modelo alimentario máis xusto, sostible e respectuoso para o mundo rural con motivo do cumio de ministras e ministros de Agricultura da UE, que está a ter lugar do 3 ao 5 de setembro.

    Pola noite, 50 activistas puxeron mensaxes de protesta na iluminación da Ponte Romana e proxectaron unha pancarta nos muros da Mezquita de Córdoba. Ademais, ao longo da fin de semana anterior, persoas chegadas de todo o Estado, entre as que se atopan as compañeiras do Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas (SLG-CCLL) Sonia Vidal, como membro do Comité de Coordinación da Coordenadora Europea Vía Campesina (CEVC), Brais Álvarez e Pepe Ramón Cendán, mantiveron unha reunión en Hornachuelos (Córdoba) para tratar solucións ao modelo agroalimentario.

    Máis dun centenar de persoas pertencentes a máis de 50 organizacións sociais, ecoloxistas, de consumo e agrarias concentráronse onte pola tarde na Praza do Arco da ponte de Córdoba durante a visita que os ministros de Agricultura da Unión Europea realizaron á mesquita da cidade, reclamar un sistema alimentario máis xusto, sostible e respectuoso para o mundo rural.

     Ao remate da concentración, 50 activistas modificaron a iluminación da ponte romana da cidade con plantillas en forma de froitas e verduras e proxectaron unha pancarta nos muros da Mezquita, para reclamar cambios cara a un modelo agroalimentario xusto e sostible. Con esta acción simbólica, os colectivos pretenden transmitir a necesidade de actuar con urxencia para que se produza un cambio radical no modelo agroalimentario.

    No actual contexto de crise climática global e ecolóxica, o modelo agroalimentario industrializado e globalizado, baseado na explotación da natureza e das persoas, demostrou a súa vulnerabilidade, por exemplo, ante perturbacións como a pandemia de COVID-19, a guerra de Ucraína ou secas prolongadas.

    Por iso, as organizacións congregadas en Córdoba reclamaron que as políticas europeas se dirixan cara á agroecoloxía, a soberanía alimentaria e o feminismo como únicas alternativas capaces de alimentar á poboación de forma saudable, socialmente xusta e respectuosa co medio ambiente. Así mesmo, pediron aos ministros da UE que empreguen todos os medios ao seu alcance para garantir que a transición en curso sexa xusta para as persoas e o planeta, garantindo o futuro do rural e da súa xente.

    Os dirixentes atópanse en Córdoba para manter un encontro informal baixo o título “Novas tecnoloxías para unha agricultura máis sostible e resiliente”, polo que os asistentes á concentración aproveitaron o acto para reclamar que se poñan en marcha políticas públicas que avancen cara a un modelo agrario de alimentos baseados na agroecoloxía e na soberanía alimentaria e que se deixen de lado as falsas solucións.

    Así, os manifestantes portaban pancartas con mensaxes como “Nós defendemos un modelo agroalimentario xusto e sostible”, “Pare ao glifosato” ou “Agroecoloxía para arrefriar o planeta”. Ademais, a concentración incluíu unha batucada e coreáronse frases pedindo respecto polo mundo rural.

    Os colectivos quixeron trasladar aos ministros e ministras a necesidade de apoiar as pequenas e medianas explotacións, cunha xestión agroecolóxica que sustente un mundo rural vivo. A industria e a distribución deben garantir prezos xustos, tanto para quen produce como para quen consume, para o que é fundamental o apoio ás canles curtas de comercialización e ás normativas públicas e infraestruturas de transformación agroalimentaria a pequena e mediana escala.

    Ante a actual emerxencia climática e da biodiversidade, as organizacións reclaman tamén políticas públicas en defensa do territorio fronte a macroproxectos, como determinados megaparques de produción de enerxías renovables, monocultivos a gran escala ou gandería industrial, que afectan ás poboacións rurais e que menoscaban o funcionamento dos ecosistemas, do solo, da auga, da biodiversidade e do conxunto de servizos ecosistémicos que xeran. Ao mesmo tempo, manifestan a urxencia de acabar coa precariedade laboral do sistema agroalimentario industrializado, que afecta especialmente aos emigrantes e ás mulleres e que supón unha lacra para a dignidade do rural.

     

    Outras mobilizacións

    Ademais da concentración de onte pola tarde, entre o 31 de agosto e o 3 de setembro, tivo lugar un encontro pola soberanía alimentaria, celebrado en Hornachuelos (Córdoba), no que participaron máis de 150 persoas de organizacións de todo o territorio español. Neste debateuse os problemas e alternativas ao modelo agroalimentario e acordouse unha folla de ruta para seguir impulsando as súas reivindicacións conxuntas.

    Entre outras actividades, celebráronse mesas de debate sobre o modelo agroindustrial e a súa contribución á crise climática, así como a confluencia das loitas territoriais co movemento pola soberanía alimentaria. A conferencia serviu como punto de encontro de persoas vinculadas ao movemento alimentario, ao movemento climático, organizacións campesiñas, consumidores, científicos, poboación rural e movemento ecoloxista, incluíndo unha representación do caso francés cos Levantamientos da Terra e a Confederación Paysanne, que foi uníronse na defensa do territorio e dun mundo rural vivo.

     

     

    Organizacións asinantes:

     

    Adecasal (Asociación de Desarrollo para el Campo de Salamanca y Ledesma)

     

    Amigos de la Tierra

     

    APAEMA (Associació de la Producció Agrària Ecològica de Mallorca)

     

    Canto de Pájaros

     

    Carro de Combate

     

    CECU (Federación de Consumidores y Usuarios CECU)

     

    Cerai

     

    COAG

     

    Coordinadora Estatal STOP Ganadería Industrial

     

    Ecologistas en Acción

     

    Ecomercado de Córdoba

     

    El Enjambre sin Reina

     

    El Verdadero Precio de los Alimentos Mediterráneos

     

    Entre Pueblos

     

    Escuela de Activismo

     

    Espigoladors

     

    Extinction Rebellion Málaga

     

    Fundación Entre Tantos

     

    Greenpeace

     

    ISEC – Instituto de Sociología y Estudios Campesinos

     

    Justicia Alimentaria

     

    Juventud por el Clima

     

    La Acequia

     

    Labs

     

    La Jabonería de la Almendra

     

    La Rendija Mercado Social

     

    Las Delicias del Palacio del Deán

     

    Lo Que Somos

     

    Mad África

     

    Madrid Agroecológico

     

    Mundubat

     

    Observatorio para una Cultura del Territorio

     

    OSALA (Observatorio de Soberanía Alimentaria y Agroecología)

     

    Coalición Por Otra PAC

     

    Pueblos Vivos Cuenca

     

    RAC (Red Agroecológica de Cádiz)

     

    REAS Red de Redes

     

    REAS Navarra/Nafarroa

     

    Red Andaluza Semillas Cultivando Biodiversidad

     

    Revista Soberanía Alimentaria

     

    Ripess (Red Intercontinental de promoción de la Economía Social Solidaria)

     

    Rosa Luxemburg StifTung

     

    SAT (Sindicato Andaluz de Trabajadores)

     

    SEAE (Sociedad Española de Agricultura Ecológica y Agroecología)

     

    SEO/BirdLife

     

    Sindicato Labrego Galego

     

    Supermercados Cooperativos

     

    Ultreia Films

     

    Universidad Rural Paulo Freire, Sierra de Huelva

     

    Vivir la Tierra

     

    Volem Fruita amb Justicia Social

     

    WWF