La Vía Campesina -da que o Sindicato Labrego Galego fai parte- asinou o chamamento unificado da sociedade civil palestina, uníndose por centos doutras organizacións en apoio á iniciativa de lanzar o convoi diplomático humanitario para combater a fame negra en Gaza. A continuación, o chamamento.
Instamos aos Estados a unirse ao convoi humanitario enviando misións diplomáticas oficiais, ao máis alto nivel posíbel, para acompañar aos camións de axuda que xa esperan no cruzamento de Rafah e entrar en Gaza xunto con eles. Esta acción baséase nas obrigacións legais dos Estados, a valentía moral e a solidariedade humana. Para iso, esiximos o seguinte:
1️⃣ Instamos a todos os Estados a que se comprometan publicamente a unirse ao convoi humanitario enviando misións diplomáticas oficiais para acompañar aos camións de axuda a Gaza a través do cruzamento de Rafah. Proximamente anunciarase unha data de saída específica. Os Estados tamén deben rexeitar o uso da axuda como arma e os mecanismos de distribución planificados por Israel, que militarizan os labores de socorro e eluden ás axencias da ONU e aos actores humanitarios.
2️⃣ Instamos a todos os Estados a coordinarse coas Nacións Unidas e o Goberno de Exipto para facilitar a entrada do convoi e garantir o paso inmediato, sen trabas e seguro da axuda humanitaria, os equipos médicos e o persoal de socorro.
3️⃣ Aínda que algúns gobernos cómplices das atrocidades en curso poderían optar por non participar, facemos un chamamento a diplomáticos, parlamentarios e ministros deses países a que se unan ao convoi a título persoal.
4️⃣ Instamos os medios de comunicación internacionais a acompañar o convoi para dar testemuño, documentar a fame negra e expoñer o bloqueo que arrasa Gaza.
5️⃣ Facemos un chamamento á sociedade civil mundial, incluídas as ONG, os sindicatos, os grupos estudantís, os partidos políticos e as redes de solidariedade, a mobilizarse de inmediato para presionar aos gobernos para que apoien o convoi e brinden apoio material, político e público.
6️⃣ Instamos as Nacións Unidas a que completen de maneira uxente as avaliacións e os procedementos necesarios para declarar a Gaza zona de fame negra, baseándose en datos verificados, e a que apoien este chamamento unificado facilitando, apoiando e uníndose activamente ao Convoi Diplomático Humanitario.
Deixar vivir a Gaza. Poñer fin á fame. Poñer fin ao asedio. Abrir os cruzamentos fronteirizos.