1º O Señor Feijoo non pode argumentar con mentiras a decisión adoptada xa que esgrime que desde as organizacións agrarias lle fixemos tal solicitude de non emisión do programa, cuestión que desde logo non é certa por parte do SLG, por tanto pedimos explicitamente que aclare cales foron as organizacións que lle fixeron tal demanda e pedímoslle así mesmo que non se escude na xeneralidade para imputar ocultación da información da que o SLG nunca foi partícipe.
2º Por outra banda, argumentar que dita emisión foi suspendida en aras de non crear máis preocupación na sociedade “polo momento que atravesa o sector” é, desde o noso punto de vista, querer terxiversar e manipular a información da realidade.
No seu día, o Goberno da Xunta de Galiza tamén quixo ocultar o que estaba sucedendo con aquel enterramento masivo de animais, pretendendo responsabilizar aos gandeiros e gandeiras dos problemas de saúde animal e humana que a política agraria que eles apoiaron estaba a provocar.
3º A mesma política agraria que o partido do señor Feijoo segue a defender e que pode provocar o próximo escándalo alimentario, o dos cultivos transxénicos, son os que fan na realidade que acaben querendo ocultar os problemas os mesmos que os provocan, facendo mesmo secuestro da información como parece que o Señor Feijoo esta disposto a seguir facendo.