Novas

  • Celega anuncia baixadas no prezo do leite e rescisións de contratos pese a ingresar 354.000 € en subvencións

    Celega anuncia baixadas no prezo do leite e rescisións de contratos pese a ingresar 354.000 € en subvencións

    • 03,Mar 2018
    • Posted By : sicom
    • 0 Comments

    Aínda que estamos habituados e habituadas a que as industrias lácteas aproveiten o baleiro legal existente no Estado Español para extorsionar e impoñer as condicións que se lles antolle ás granxas que lles fornecen de materia prima, o caso de Celega é indignante porque esta empresa beneficiouse, nos últimos anos, de suculentas axudas públicas da Consellaría de Medio Rural. En concreto, Celega ingresou 200.776,58 € en 2017 e 154.470,83 € en 2018 das axudas para investimentos en transformación e comercialización de produtos agrarios do período 2014-2020, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader).

    Por todo isto, dende o SLG instamos á Consellaría de Medio Rural a mediar entre as granxas afectadas e Celega para que, máis alá de respectar os contratos actuais, de cara á seguinte campaña haxa melloras nos prezos e nas condicións en sintonía co contexto de suba que se está a dar nos últimos meses en toda a Unión Europea. Ademais, Medio Rural debe incluír no reparto das axudas que sexan da súa competencia condicións ás empresas beneficiarias que garantan prezos dignos para as granxas que as fornecen e, en caso de non respectalas, obrigar á devolución dos cartos.