Novas

  • CELEGA  ameaza a produtores/as e cooperativas: asinamentos sen saber o prezo ou baixadas para este mes

    CELEGA ameaza a produtores/as e cooperativas: asinamentos sen saber o prezo ou baixadas para este mes

    • 02,Mar 2009
    • Posted By : sicom
    • 0 Comments

     

    No caso de asinar o contrato, de catorce meses de duración, a industria láctea CEDEGA estableceu un prezo de 32 céntimos que só será válido para os tres primeiros meses.

     

    Ao longo dos once meses restantes -case o 80% do compromiso temporal asumido- o produtor ou produtora descoñecerá o prezo que vai cobrar polo leite, téndose comprometido por medio do contrato a entregar o produto independentemente do importe que se lle ofreza.

    A industria láctea CELEGA basea a validez da desigualdade das partes desta relación comercial no descoñecemento do “prezo medio para o produtor en Francia” dentro duns meses.

     

    Para o SLG esta é unha clara utilización do contrato homologado para a imposición do prezo por parte dunha industria, empregando unha clara práctica coactiva de baixada inmediata de prezo.

     

    A este respeito, a ferramenta-contrato estase a revelar tan poderosa para as industrias que CELEGA mesmo está a exercer as nomeadas ameazas de baixada de prezo sobre algunhas cooperativas agrarias, nun claro intento de pontear ou eliminar a función lexítima cooperativa de comercialización do leite dos seus asociados e asociadas.

    Parécenos, pois, que esta é a constatación práctica do que o SLG denunciou en todo momento ao respecto da utilización dos contratos pola industria para impoñer prezo e tentar rebentar calquera estrutura de negociación colectiva por parte do sector produtor.