Novas

  • AXUDAS ÁS GRANXAS AGRARIAS DE TITULARIDADE COMPARTIDA

    AXUDAS ÁS GRANXAS AGRARIAS DE TITULARIDADE COMPARTIDA

    • 10,Mai 2024
    • Posted By : sicom
    • 0 Comments

    1. PARA QUE É A AXUDA?

    Para financiar o pago das cotas correspondentes da Seguridade Social das persoas titulares.

    Un importe máximo repartido a partes iguais entre as explotacións de TC do Estado, que cumpran os requisitos, sen superar os 1.500 € por entidade.

    2. QUEN PODE BENEFICIARSE?

    As granxas agrarias de Titularidade Compartida, constituídas ao menos cun mes de antigüidade dende a plublicación e durante polo menos 5 anos.

    As persoas titulares deben de estar de alta na Seguridade Social polo menos 5 anos.

    3. PRAZO DE PRESENTACIÓN

    15 días a partir do día seguinte á publicación.

    O prazo de presentación da documentación FINALIZA o 22 de MAIO

    4. DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR

    Anexo A, Anexo I, Anexo II e Anexo III do BOE do 29 de setembro do 2021.

    Pica aquí para acceder directamente aos anexos

    5. ALGO MÁIS?

    Réxime de concorrencia non competitiva.

    Están suxeitas ao establecido no Regramento das Axudas de minimis.

    Son compatibles con outras axudas (cun límite de axudas acumuladas).

    A PRESENTACIÓN é obrigatoriamente TELEMÁTICA.

    BOE Mércores 1 de maio de 2024