Novas

  • As razóns polas que o Sindicato Labrego non asinou o contrato

    • 04,Xuñ 2008
    • Posted By : sicom
    • 0 Comments

    Este sindicato leva reivindicando un contrato para o leite dende o ano 1978, polo que é unha reivindicación histórica.

    Non obstante, o contrato tamén debe server para garnatir prezo ao productor/a e non soio para garantir subministro á industria a baixo prezo.

    Aparte diso, as nosas razóns para non asinar son tamén outras:

    • Un contrato sen prezo mínimo obriga a “negociar” o prezo de xeito individual, polo que bota ao traste outra vella reivindicación do sector que é a negociación colectiva dos prezos.
    • A “negociación individual” non é real, xa que a industria ten capacidade coactiva para impoñer o seu prezo granxa a granxa: ameazas de non recollida, ameazas de prezos máis baixos para quen non asine…, etc. Co cal ao remate aparece un prezo totalmente imposto pola industria ás explotacións unha por unha.
    • Ademais, este contrato senta o precedente de homologar contratos sen prezo para outros sectores agrarios que sí teñen contratos con prezo, co cal pode ser un retroceso importante no proceso de elaboración dos prezos agrarios.
    • Aparte de todo isto, está a razón de que non resolve o principal problema do sector lácteo, que agora mesmo é o feito de ter un prezo moi baixo, despois de tres ou catro meses con prezos en abultado descenso, e cuns custos nos insumos altísimos e con tendencia a seguir subindo.

    O SLG asinará este contrato no momento en que serva para garantir prezos que cubran custos de producción e traballo, fixando un prezo mínimo e traendo ao sector seguridade e transparencia no mercado.