
O lugar de celebración deste día será no Local Social de Pontoxo – As Encrobas (Cerceda). O lugar foi elexido para lembrar o papel tan importante que tiveron as mulleres na loita das Encrobas.
Esta Festa das mulleres vense organizando dende a Coordinadora Comarcal de Mulleres do Sindicato Labrego Galego da Comarca de Ordes, dende xa fai 4 anos.
Nace coma punto de encontro das Mulleres de toda a Comarca, onde o seu fin é o de establecer lazos de unión, apoio e información baixo un ambiente de complicidade, forza e reafirmamento de ser o que somos, mulleres labregas.



Visionado de “As Encrobas: a ceo aberto” de X. Bocixa.

Un sentimento de cada unha para lembrar este día.
Busto de Moncho Valcarce, o cura d´AS Encrobas. Ao fondo, a central de Meirama.
*Arquivo para descarregar: cantiga d´As Encrobas cantada polas mulleres d´As Encrobas.