Concretamente nas terras sementadas con millo e con fabas, por mor das datas nas que os atopamos, e coas sementeiras realizadas hai poucos días, a terra atópase mui branda e enchoupase con muita facilidade, producíndose escorrentías que arrastan as prantas novas.
Nas beiras dos ríos e dos regatos e en zonas chas, os cultivos permanecen asolagados, o que vai facer mui problemática a súa recuperación. Igualmente, a auga está entrando en establos e outras instalacións gandeiras, poñendo en perigo mesmo aos animais.
Desde o SLG solicitamos que se proceda do xeito máis urxente posíbel á valoración dos danos, e se solicite, no seu caso, a declaración de zona catastrófica. En todo caso, compre establecer mecanismos de compensación das perdas, tal como se ten feito noutras ocasións de fenómenos metereolóxicos adversos.

