-
Ante a proliferación de casos de siniestralidade laboral na actividade agropecuaria
- 17,Ago 2008
- Posted By : sicom
- 0 Comments
Dende o Sindicato Labrego Galego consideramos que a clave para poñer remedio a preocupante sinistraliedade que padecemos neste sector pasa por facer un esforzo especial en formar, informar e sensibilizar aos/ás traballador@s do sector agropecuario e forestal, o que pasa inevitabelmente e, antes de nada, por unha forte e prolongada campaña que combine estas tres facetas, dando así un primeiro paso para tratar de instaurar pouco a pouco unha “Cultura da prevención” da que o sector carece en absoluto.
Por iso cómpre facer un esforzo especial co colectivo máis afectado (os/as maiores de 55 anos) e coas tipoloxías de sinistro que con máis frecuencia se producen como son o envorco (lateral e hacia atrás) e os accidentes de tráfico, sendo o tractor a maquina agrícola coa que con máis frecuencia se producen este tipo de percances.
Nese senso facemos un chamamento as Administracións implicadas para que busquen conxuntamente fórmulas de colaboración e coordinación que lle dean coherencia as accións que de aquí en adiante se planifiquen, evitando duplicidades innecesarias.
MEDIDAS QUE O SLG DEMANDA ÁS INSTITUCIÓNS
- A necesidade de intensificar os esforzos en materia de formación, información, e sensibilización, dadas as importantes carencias que padecemos en ditas materias.
- Hai que articular as medidas precisas para garantir a seguridade da maquinaria agrícola.
- É máis necesario ca nunca que as Administracións Públicas con competencias na materia, é dicir: a Dirección Xeral de Relacións Laborais (e máis concretamente a Subdirección Xeral de Seguridade e Saúde Laboral) da Consellaría de Traballo e a Dirección Xeral de Investigación, Tecnoloxía e Formación Agroforestal da Consallería do Medio rural, coordinen iniciativas e esforzos en Políticas de Prevención.
- A falta de coherencia entre as distintas lexislacións aplicables na materia é patente. Ademais, de múltiples lagoas lexislativas que deixan un baleiro legal importante. Nese senso compre destacar a necesidade completar os regulamentos técnicos sobre determinados elementos de seguridade.