Novas

  • Acordos tomados tras a análise do sector leiteiro levado a cabo polo SLG canda organizacións agrarias estatais e europeas

    Acordos tomados tras a análise do sector leiteiro levado a cabo polo SLG canda organizacións agrarias estatais e europeas

    • 05,Nov 2008
    • Posted By : sicom
    • 0 Comments

    Constatamos que o nivel de prezos que se está pagando ás explotacións é claramente insuficiente, e mesmo en moitos casos está por embaixo dos custes de produción.

    Constatamos tamén que a política agraria que se está aplicando na UE, da que forman parte tamén os prezos baixos, está a provocar o peche continuado de explotacións e a destrución do medio rural, deixando a alimentación en mans das industrias e da distribución.

    Ante esta situación, á que tampouco é allea a decisión de ir aumentando cada ano a cota europea até facer desaparecer o sistema de control de produción no 2015, tomamos os seguintes acordos:

    1. Esixir a eliminación das trabas políticas coas que pretenden destruír a negociación colectiva dos prezos do leite.

    2. Esixir a fixación de prezos mínimos negociados que cubran os custes e o traballo de produción en toda Europa.

    3. Rexeitar o incremento da cota europea.

    4. Esixir que se manteña o control da produción de leite en Europa.

    5. Políticas que potencien as producións en base á terra.

     

    Seminario de leite en Ribadeo

     

    Acordamos igualmente seguir traballando na procura de alianzas con todas as organizacións que defendan estas posicións, reforzando a loita para que a produción de leite continúe nas mans dos produtores e produtoras en toda Europa.

    Moitas grazas pela vosa atención.

    Saúdas do Gabinete de Comunicación do Sindicato Labrego Galego

    OBTERÁN MÁIS INFORMACIÓN CONTACTANDO CON :
    Lídia Senra, membro do Comité de Coordinación da Coordenadora Europea Vía Campesina, Tlf: 609 845 861 ou
    Carme Freire Cruces, Secretaria Xeral do SLG, Tlf: 619 348 426