O VINDEIRO XOVES 29 DE XANEIRO AS 22,00H. TERÁ LUGAR UNHA REUNIÓN EN MUIMENTA (COSPEITO), NO SALÓN DE ACTOS DA CASA DA CULTURA, CONVOCADA POR TODOS OS COLECTIVOS DE PERSOAS AFECTADAS POLAS SOLICITUDES DE CONCESIÓN PARA A EXPLOTACIÓN MINEIRA D´A TERRA CHÁ.
Ao igual que no caso do concello de Cospeito, onde xa se fixo entrega de máis de 300 alegacións, o SLG pon a disposición dos afectados/as os seus servizos xurídicos para redactalas. Pódense poñer en contacto co local do SLG en Vilalba ou pasar pola súa oficina en horario de mañá, onde tamén atoparán información sobor das vindeiras reunións informativas.
Asemade, lembrar que as alegacións haberanse de fundamentar en demostrar que a maioría do solo no que se pretende realizar as extraccións ten que ser considerado de especial protección agropecuaria, non podendo autorizarse nel a actividade extractiva.
|
OBTERÁN MÁIS INFORMACIÓN CONTACTANDO CON Margarida Prieto, Coordenadora Comarcal do SLG na Terra Chá TLF: 659 985 308 Local do SLG en Vilalba R/Cidade de Viveiro, nº1, ent. A TLF: 982 512 431 |