Co rexistro nesta semana de tres novas adhesións, son xa dazasete as entidades que aúnan esforzos pra tentar levar adiante unha loita conxunta coa Administración para facer fronte a unha praga presente nos nosos montes xa dende a década dos noventa, e que está a afectar maiormente ás zonas de Lugo e Ourense.
Valoramos moi positivamente este paso adiante cara a unión de esforzos expresado polo xefe territorial da CMR en Ourense, tendo en consideración ademais o feito de que a solicitude de xuntanza co seu organismo foi a última en ser rexistrada, o pasado 21 de xaneiro.
“Os últimos serán os primeiros”, máis tamén “nunca é tarde se a dita é boa”, polo que instamos ao Director Xeral de Montes (solicitada a xuntanza dende 12 de xaneiro), á Directora Xeral de Innovación e Industrias Agrarias e Forestais (solicitada a xuntanza dende o 14 de xaneiro), e á Delegada Territorial da Xunta de Galiza en Lugo, que ademais é unha das zonas máis afectadas (solicitada a xuntanza dende o 19 de xaneiro), a secundar o exemplo de Ricardo Ignacio Vecillas comezando a facer fronte a esta problemática ao carón da cidadanía.