Novas

  • A Vía Campesina en solidariedade co pobo haitiano

    A Vía Campesina en solidariedade co pobo haitiano

    • 25,Xan 2010
    • Posted By : sicom
    • 0 Comments

     

    Carta aberta da Vía Campesina Internacional

    Solidariedade co pobo de Haití

    Queridos/as compañeiros/as e amigos/as,

     

    A través deste escrito, queremos amosar o noso máis profundo pesar e a nosa solidariedade co pobo haitiano, sorprendido por un devastador sismo que causou milleiros de vítimas mortais, feridos/as e desaparecidos/as.

     

    Desexamos compartir a nosa dor pola devandita catástrofe e enviar unha aperta solidaria ao pobo haitiano, e especialmente aos nosos/as compañeiros/as da Vía Campesiña en Haití, que agardamos se sobrepoñan pronto desta difícil situación.

     

    Non en balde, e facendo memoria histórica, cabe lembrar a fortaleza e determinación do pobo de Haití, o cal foi o primeiro en toda América en abolir o sistema escravista de forma autónoma e perdurábel no tempo.

     

    Non podemos deixar de recalcar e denunciar que os efectos de calquera catástrofe natural agudízanse sempre en contextos de pobreza, de vulnerabilidade e de exclusión. Somos conscientes de que estas forzas da Natureza non son controlables nin previsíbeis, e que estas non son responsabilidade da comunidade internacional; con todo, a pregunta é: como é posíbel que esa mesma comunidade internacional sega permitindo un mundo cimentado sobre semellante inxustiza e inequidad, a mesma que multiplica os efectos destrutores e o número de vítimas dun terremoto como o que sufriu Haití?

     

    A Vía Campesina fai un chamado urxente á solidariedade internacional para co pobo de Haití, coa intención de vehiculizar todo o apoio económico que recolla a través dos movementos sociais do devandito país, concretamente a través das organizacións labregas haitianas que son parte deste movemento labrego internacional.

     

    Esta é a conta bancaria onde A Vía Campesina centralizará os apoios económicos de todas aquelas persoas e organizacións que queiran apoiar de maneira urxente ao pobo de Haití.

     

    Titular da conta: ASOCIACIÓN LURBIDE –O CAMIÑO DA TERRA

    Banco: IPAR KUTXA
    Dirección: Gudari, 2 – AMOREBIETA (Bizkaia) – País Vasco –
    Nº de cOnta: 3084-0023-53-6400061004
    IBAN: ES54 3084 0023 5364 0006 1004
    Swift: CVRVES2B
    Concepto: SOLIDARIDAD HAITÍ