Como xa temos demandado dende a Secretaría das Mulleres, asasinatos como este acontecido no Carballiño poñen de manifesto a necesidade de dotar con máis medios humanos, materiais e normativos a loita contra a violencia machista. E mentres iso non aconteza, seguiremos saíndo á rúa non só para condenar, senón tamén para esixir a implicación a fondo e sen escusas das administracións para erradicar esta lacra que, no último decenio, supuxo a morte de 46 mulleres na Galiza.