Hoxe máis que nunca é necesaria unha resposta contundente da sociedade para esixir, máis alá dos minutos de silencio e das homenaxes, a implicación sen fendas dos poderes públicos para combater esta lacra cos medios humanos, materiais e normativos necesarios. E se para iso cómpre botarse á rúa as veces que sexan necesarias, dende a Secretaría das Mulleres do Sindicato Labrego Galego ímolo facer.