Novas

  • A Plataforma en Defensa do Sector Lácteo concentrará as mobilizacións nas empresas que non acepten os acordos

    A Plataforma en Defensa do Sector Lácteo concentrará as mobilizacións nas empresas que non acepten os acordos

    • 16,Set 2015
    • Posted By : sicom
    • 0 Comments

    Manter o bloqueo ás industrias é unha medida que implica un alto custo para a xente gandeira. Diante da presión das multas e da chegada dun gran número de antidisturbios ás inmediacións das industrias, valorouse a imposibilidade de manter este mesmo formato de mobilización, pois até o 23 de setembro non se prevé que haxa un texto definitivo para o acordo do sector lácteo. Sen ir máis lonxe, esta presión que denunciamos sobre as mobilizacións do sector lácteo traduciuse hoxe no atropelo dunha persoa por un camión de Reny Picot en Asturias, feito que condenamos sen paliativos dende o Sindicato Labrego Galego.

    Por estes motivos, decidimos reconducir as mobilizacións levantando o bloqueo sobre a totalidade das industrias e focalizándoo, a partir de mañá mesmo, nas empresas máis reticentes a asinar calquera tipo de acordo. Polo tanto, as mobilizacións seguen coa vista posta no 23 de setembro, data na que o Ministerio de Agricultura decidirá se acepta introducir as nosas emendas no texto final do acordo para o sector lácteo. Esas emendas son as seguintes:

    1. Retirada inmediata dos contratos á baixa.
    2. Clarificación dos índices que definan o “prezo sostible” que aparece no documento inicial.
    3. Elaboración e aprobación dun decreto de garantías que faga o acordo de obrigado cumprimento para non confialo á boa vontade das partes.
    4. Entrada en vigor dos acordos o 1 de outubro.

    Dende a Plataforma en Defensa do Sector Lácteo, e nós como Sindicato Labrego Galego, velaremos pola inclusión definitiva destas emendas no texto final dos acordos, do mesmo xeito que ficaremos vixiantes para que a totalidade de industrias e distribuidoras o asinen.

    Manifestación 17 de xullo