Novas

  • A Plataforma en Defensa do Sector Lácteo aumenta a presión ás distribuidoras con tractoradas indefinidas

    A Plataforma en Defensa do Sector Lácteo aumenta a presión ás distribuidoras con tractoradas indefinidas

    • 08,Dec 2015
    • Posted By : sicom
    • 0 Comments

    Desta maneira, e tras unha semana facendo piquetes informativos na entrada de grandes centros comerciais nas cidades galegas, aumentamos a presión sobre as grandes distribuidoras de cara a que trasladen parte da marxe comercial que ingresan polo leite ás granxas e para que abandonen definitivamente a utilización do leite como produto reclamo.

    O que foron actos informativos puntuais até o de agora, comezarán a ser permanentes dende o 10 de decembro e até que as distribuidoras, unha a unha, asuman o compromiso dun reparto equitativo e xusto do valor do leite en todos os elos da cadea de valor. Cómpre lembrar que boa parte das cadeas de distribución renunciaron a asinar, a finais de novembro, o Código de Boas Prácticas na Cadea Alimentaria impulsado polo Ministerio de Agricultura. En concreto, non asinaron asociacións como Anged e Aces, que agrupan importantes cadeas como Alcampo, Carrefour, Eroski ou Lidl.