Novas

  • A oposición ás minas na Terra Chá chégalle directamente ao conselleiro.

    A oposición ás minas na Terra Chá chégalle directamente ao conselleiro.

    • 12,Abr 2010
    • Posted By : sicom
    • 0 Comments

    Salientaron neste escrito que a actividade mineira que a empresa Erimsa quere implantar nun inmenso territorio da comarca, choca frontalmente cos intereses das gandeirías e da actividade agraria en xeral.

    cmr

    Margarida Prieto Ledo, Coordenadora Comarcal n´A Terra Chá,

    fixo entrega do documento ao conselleiro.

     

    E en principio tamén cos intereses da Conselleria de Medio Rural, dado que a comarca da Terra Chá foi declarada Zona de Especial Interese Agrario polo Decreto 206/2007, do 25 de Outubro-.

    Informóuselle tamén da existencia de abundantes concentracións parcelarias na zona, bastantes delas ben recentes, da afección dos montes comunais e das zonas de colonización e regadío declaradas de interés nacional polo Instituto Nacional de Colonización, e nas que se acometeron fortes inversións fai moi poucos anos.

    O obxecto de dirixirse ao conselleiro foi, por unha banda, facelo coñecedor desta situación, que está a causar grande inquietude en toda a comarca, e, pola outra, manifestarlle que desexamos que teña presente o exercicio das súas competencias no que atinxe a este proceso. Quere isto dicir: concentracións parcelarias, montes, regadío, etc.

    A Terra Chá é unha comarca eminentemente rural, que vive hoxe en boa medida da actividade agrogandeira. O mantenemento da mesma é básico para a economía da comarca e para fixar poboación na mesma, tamén das persoas que se adican a outras actividades.

    O Conselleiro, quedou cos datos dos/as representantes da Comisión e comprometeuse a estudar o tema.