Novas

  • A multitudinaria manifestación contra a mina de Touro O Pino na portada do Fouce 320, xa dispoñible na nosa web

    A multitudinaria manifestación contra a mina de Touro O Pino na portada do Fouce 320, xa dispoñible na nosa web

    • 05,Xul 2018
    • Posted By : sicom
    • 0 Comments

    En cuestións propias do agro, falamos da teima da Comisión dos Mercados e da Competencia por torpedear calquera iniciativa positiva para as granxas de leite, da creación dun novo grupo de traballo no sector do viño ou da notable participación da afiliación do SLG nos concursos de razas de gando autóctonas, con seis galardoados na Semana Verde de Silleda. Tamén lle fixemos unha ampla entrevista a Xulio Rodríguez Bermúdez, horticultor de Mondoñedo que compartiu con nós a interesante experiencia de cooperativismo e comercialización da SAT Labregos de Lugo. Todo isto e moito máis no Fouce 320 que xa podes descargar na icona que atoparás no remate desta páxina.

    Portada Fouce 320