Novas

  • A loita continúa. O sector leiteiro da Galiza prepárase para novas mobilizacións.

    • 19,Ago 2009
    • Posted By : sicom
    • 0 Comments

     

    Despois das fortes mobilizacións que levou adiante o sector lácteo galego en datas recentes, e despois da sinatura do “acordo de Madrid”, a situación crítica que vive o sector por mor da caída dos prezos, está lonxe de atopar solución. De feito, varias industrias impuxeron novas baixadas de prezo en xullo, e nesta semana Leite Río vén de anunciar  que deixa de recoller leite á Cooperativa de Ordes.

     

    Para o SLG, que se negou a asinar o acordo por entender que non aportaba ningunha solución, por non fixar ningunha referencia de prezo mínimo, este feito ven confirmar o que xa denunciábamos no seu momento: o acordo non é máis que unha operación de propaganda para desmobilizar o sector, operación da que participaron de xeito entusiasta varias organizacións agrarias actuantes en Galiza.

     

    Nós non asinamos, nin asinaremos, ningunha cantidade que non nos cubra, polo menos, os custos de produción. Imos seguir defendendo que teñamos un prezo xusto para podéremos vivir do noso traballo, e non o faremos en solitario, senón ao carón do sector leiteiro da Galiza

     

    Para analizar a situación e ver de promover novas accións reivindicativas, e logo de termos as produtoras e produtores realizado a asamblea da Dirección Nacional do Leite, o Sindicato Labrego Galego está levando a cabo asambleas comarcais co seguinte almanaque:

     

    VENRES 14, ÁS 22:00H, MELIDE

    LUNS 17, ÁS 22:00H: O XIAO

    MARTES 18: ÁS 22:00H, SANTA COMBA

    MARTES 18: ÁS 15:30H, A CAPELA

    MÉRCORES 19: ÁS 22:00H, IRIXOA

    XOVES 20: ÁS 12:00H, SARRIA

    XOVES 20: ÁS 22:00H, LALIN

    XOVES 20: ÁS 21:30H, VILALBA

    XOVES 20: ÁS 21:30H, A MARIÑA

    XOVES 20: ÁS 21:30H, MEIRA

    XOVES 20: ÁS 22:00H, ORDES

    VENRES 21: ÁS 21:30H, A MARIÑA

    VENRES21:  ÁS 22:00H, MUXÍA

    VENRES21:  ÁS 22:00H, ARANGA

    LUNS 24: ÁS 12:00H, LUGO

    LUNS 24: ÁS 22:00H, TEIXEIRO

    MARTES 25: 22:00H, URDILDE

    MARTES 25: 12:00H, FRIOL

    MARTES 25:  21:30H, BETANZOS

    MARTES 25: 22:00H, A ESTRADA

    MARTES 26, 22:00H, VILASANTAR