Novas

  • A Coruña xa conta cun mercado de alimentos labregos e ecolóxicos na praza de abastos de San Agustín

    A Coruña xa conta cun mercado de alimentos labregos e ecolóxicos na praza de abastos de San Agustín

    • 02,Dec 2015
    • Posted By : sicom
    • 0 Comments

    Co apoio do Concello da Coruña, a Asociación Labrega Natura inicia esta aventura na que aspiran a aumentar a máis do dobre os postos de venda. Aínda que, polo de agora, están a participar granxas do norte da provincia da Coruña -dende a Costa da Morte até o entorno da cidade herculina- xa teñen recibido cinco solicitudes para participar, algunha de municipios máis distantes como Negueira de Muñiz.

    A partir de agora, A Coruña contará co seu mercado ecolóxico todos os martes, de 11:00 a 19:00 horas, aínda que precisamente, a semana que vén, celebrarase en mércores por ser o martes 8 de decembro día festivo.

    As sensacións dos labregos e labregas que participaron neste primeiro mercado foron boas, pois tivo moi boa acollida a pesares de ser a primeira vez que se facía e de estar pendente aínda unha campaña para dalo a coñecer entre a cidadanía coruñesa.

    Mercado San Agustín