“Reunidos en Gaillac, os/as representantes da CNA (Portugal), COAG (Estado español), Confédé-ration Paysanne (Francia) e o SLG (Galiza); todos membros da Coordinadora Eu-ropea Vía Campesina reafirmamos a nosa oposición á supresión dos dereitos de plantación de viñedo en Europa en 2015, como xa fixeron os gobernos de dez Estados membros, o Parla-mento europeo, e a Asem-blea Europea das Rexións Vitícolas.
Demandamos manter os dereitos de plantación de viñedo mais alá do 2018.
Os dereitos de plantación son un instrumento eficaz de regulación para controlar a deslocalización da produción en favor das zonas máis favorecidas economicamente, en beneficio duns poucos “pesos pesados” do mercado do viño e en detrimento dunha viticultura labrega que fixa poboación nos territorios vitícolas.
Constatamos problemas no funcionamento dos de-reitos de plantación no pasado, polo que na actualidade débense regular o expansionismo de certas zonas vitícolas en Francia en detrimento de outras, e impedir a deslocalización das producións do norte en favor do sur en Portugal. Na Galiza é importante manter o potencial e o equilibrio de todas as comarcas.
Para evitar estes problemas, debemos mellorar o sistema actual de dereitos de plantación de viñedo, nos seguintes aspectos:

No encontro participaron representantes dalgunhas das principais zonas vitícolas europeas. De esquerda a dereita: Estelle Rainaud (Confédération Paysanne), Laura Piedra (COAG), Brigitte Alain (Confédération Paysanne), Bernardo Estevez (SLG), Jean François Bianco (Confédération Paysanne), João Denis (CNA), João Vieira (CNA), Gerard Choplin (ECVC), Claire Laval (Confédération Paysanne) e Manuel Docampo (SLG).