Novas

  • A Coordenadora Europea Via Campesina (ECVC) pide unha reunión extraordinaria do cumio da Unión Europea sobre a crise leiteira

    A Coordenadora Europea Via Campesina (ECVC) pide unha reunión extraordinaria do cumio da Unión Europea sobre a crise leiteira

    • 16,Set 2009
    • Posted By : sicom
    • 0 Comments

    COMUNICADO DE PRENSA DA COORDENADORA EUROPEA VÍA CAMPESINA

     

    Hoxe, mércores, en Bélxica, produtores e produtoras de leite do FUGEA (membro da ECVC) e do MIG (membro de EMB) verqueron nun campo o equivalente á produción leiteira dun día en Walonia.

    Os últimos días o número de produtores de leite que se suicidan aumenta dramaticamente e hai casos que non se fixeron públicos.(1)

    Son accións de desesperación ante o desprezo e a irresponsabilidade da Unión Europea (Gobernos e Comisión), que se negan a desbloquear a situación e a cambiar a política leiteira, A responsabilidade é grande tamén do COPA (Comité de Organizacions Profesionais Agricolas, que reaxiron en contra da mobilización dos e das productoras (2).

    (1)3 produtores suicidaronse na última semana no Departamento de la Manche e outro inmolouse con lume no Finisterre (Francia)

    (2)Ao presidente da FNSEA, ex presidente do COPA, foille impedido por gandeiros inaugurar o salon de gandería de Rennes pola súa actitude contra a folga do leite

     

     

    gandeiros franceses folga 09 Gandeiras e gandeiros franceses en folga. REUTERS.