Novas

  • A Coordenadora Europea Vía Campesina apoia aos produtores e produtoras de leite  en folga e chama a accións complementarias

    A Coordenadora Europea Vía Campesina apoia aos produtores e produtoras de leite en folga e chama a accións complementarias

    • 11,Set 2009
    • Posted By : sicom
    • 0 Comments

     

    A crise láctea na Unión Europea está a agravarse. A inercia e a ausencia de vontade política dos Gobernos e da Comisión Europea xeran a cólera e a desesperación dos produtores1. Neste contexto, este xoves unha folga do leite foi lanzada en Francia, á iniciativa do European Milk Board.
    A Coordinadora Europea Via Campesina sostén e sosterá ás e ós produtores de leite en folga.
    Chama ás organizacións campesiñas a bloquear as industrias lácteas, as fábricas de leite en po e os centros de almacenamento de leite en po (para evitar que se crebe a folga).
    Chama aos consumidores e consumidoras a apoiar a reivindicación dos produtores e produtoras por un prezo do leite que recoñeza o valor do seu traballo e por unha limitación das marxes entre a produción e o consumo.
    Chama aos contribuíntes a rexeitar que o orzamento da UE sirva para exportar produtos lácteos a prezos por baixo dos custos de produción (dumping), que arruínan a produción leiteira local nos países do Sur.
    A
    mala política leiteira é responsable da situación de superprodución: é necesario cambiala. Primeiro hai que reducir a produción cunha porcentaxe que permite equilibrar o mercado e prezos á produción máis altos. Trátase de facelo proporcionalmente ao volume de produción por activo da explotación, sen redución por parte dos pequenos produtores e produtoras.

    Tamén fai falta lanzar un debate europeo sobre os métodos de produción leiteira. Estamos a uns meses da conferencia climática de Copenhague e a UE xa non pode defender un modelo de produción intensivo baseado na importación de soia de América Latina, transformada nun excedente de manteiga e de leite en po. Esta dependencia non somentes causa que a UE sexa moi vulnerábel a nivel estratéxico, senón que tamén provoca danos ambientais e sociais tanto en América Latina como en Europa.
    A UE non ten o dereito de apostar pola resignación dos produtores e produtoras. Pode, e debe, solucionar rapidamente esta grave crise.
    Debe cambiar a política leiteira para obter a lexitimidade económica, social, ambiental, e internacional necesarias para enfrontar os retos inmensos que nos esperan.