Isto está a provocar que moitas granxas se estén prantexando en serio botar o peche, xa que nos últimos tempos non fan máis que acumular débedas. No conxunto do estado pecharon ó redor do 40 % no último ano.
A situación é ademais lamentábel para as cooperativas de produtores/as que son as primeiras que teñen que soportar os impagos. Aqueles/as que están producindo fóra de cooperativas, en moitos casos teñen problemas para que lles sirvan penso por débedas cos seus proveedores.
A situación non se debe, nestes momentos, ao exceso de carne de coello, que non sobra, pero a caída de prezo está aí, posibelmente provocada, unha vez máis, polas grandes ofertas das grandes superficies, que están a impor uns prezos para o consumidor/a que non cobre o gasto que a nós nos costa producila.
De prolongarse esta situación non tardarán en chegar os embargos en moitos casos, e en outros o peche da granxa, que en Galiza xa se reduciron á metade cos adversos acontecementos dos últimos tempos.
O SLG tentará reunir proximamente ó sector para mirar de iniciar algún tipo de mobilización ou de acción de denuncia desta situación.