Os proxextos denunciados son os seguintes:
Parque eólico de Feás: Promovido por Galenergy SL, cunha potencia de 40 MW, nos concellos de Aranga e Coirós. Terá 8 aeroxeradores cunha altura de 200 metros no extremo da pa máis alta (127,5 metros de torre e 145 metros de diámetro do rotor).
Parque eólico de Felga: Promovido por Greenalia Green Power, cunha potencia de 21 MW, nos concellos de Aranga, Coirós e Oza-Cesuras. Terá 5 aeroxeradores cunha altura de 180 metros no extremo da pa máis alta (112 metros de torre e 136 metros de diámetro do rotor).
Parque eólico de Fontella: Promovido por Galenergy SL, cunha potencia de 50 MW, nos concellos de Aranga e Oza-Cesuras. Terá 10 aeroxeradores cunha altura de 200 metros no extremo do rotor.
Parque eólico de Gato: Promovido por Greenalia Green Power, cunha potencia de 25,2 MW, nos concellos de Aranga e Oza-Cesuras. Terá 6 aeroxeradores cunha altura de 180 metros no extremo da pa máis alta (112 metros de torre e 136 metros de diámetro do rotor).
Parque eólico de Seselle: Promovido por Galenergy SL, cunha potencia de 35 MW, nos concello de Oza-Cesuras. Terá 7 aeroxeradores cunha altura de 200 metros no extremo da pa máis alta (127,5 metros de torre e 145 metros de diámetro do rotor).
Parque eólico de Legre: Promovido por Green Capital Power, cunha potencia de 38 MW, na fronteira que separa os concellos de Mesía e Oza-Cesuras. Terá 7 aeroxeradores cunha altura de 200 metros no extremo da pa máis alta (115 metros de torre e 170 metros de diámetro do rotor).
Liña de Alta Tensión Monteagudo-Morás: Promovida por Eólicos Breogán SL consistente nunha instalación de distribución eléctrica por vía aérea e subterránea de 66 kilovoltios (kV) que transcorrerá polos concellos de Carballo, A Laracha e Arteixo.
Dende o SLG cremos que o alto grado de protección do que goza un territorio catalogado como “Reserva da Biosfera” é totalmente incompatible con este tipo de instalacións, tremendamente agresivas co medio ambiente, polo que as autoridades competentes non poden permitir, baixo ningún concepto, a execución destes proxectos.
O Sindicato Labrego Galego forma parte da Rede Stop Eólicos (www.redestopeolicos.org) e foi unha das organizacións que deu o seu apoio ao manifesto “Aldeas con Horizontes” (bit.ly/ManifestoEólico).